Cenedl heb iaith, cenedl heb galon - unha nación sen lingua é unha nación sen corazón (proverbio galés)

kedd, április 27, 2004

Artigos na rede


Sobre a VOIVÓDINA

hétfő, március 29, 2004

Adiantos de Davídovich...

Eis un pequeno extrato da última novela que traducín -e que anda sen está sen editorial... así que...

Fotografías difusas


Aquí a veracidade dos documentos presentados nunha serie como se foran diapositivas queda no aire por un intre. A vida de Gould Verschoils mistúrase e pérdese na vida e morte da moza república española. Só temos dúas instantáneas; una ao carón dun soldado descoñecido, cunhas ruinas ao fondo. Por detrás, coa letra de Verschoils pódese ler: "Alcázar. ¡Viva la República!". A súa fronte despexada está medio cuberta por unha txapela, un sorriso sae dos seus beizos, nos que (coa perspectiva actual) podemos ler o triunfo do vencedor e a acedume do derrotado: as reflexións paradoxais que como as enrugas da fronte son unha liñas que entreven a inevitabel morte. Tamén unha instantánea de grupo con data do 5 de novembro de 1936. A fotografía é difusa. Verschoils está na segunda ringleira, aínda coa txapela na súa fronte. Díante do grupo albiscamos unha paisaxe é non é difícil intuir que estamos nun camposanto. É esta a garda de honra que disparou salvas ao aire ou a corpos con vida? A face de Verschoils garda con ciume o secreto. Encol da ringleira de soldados, no aire azul distante un avión voa coma un crucifixo.

Especulazóns coidadosas

Vexo a Verschoils na retirada de Málaga, a pé, vestido cun cahquetón de coiro que lle sacou a un falaxista morto (por baixo do chaquetón só había un corpo espido e delgado cunha cruz pendurando dun fío de coiro); véxoo cargando cunha baioneta, cargando co seu berro de guerra como se o levasen as ás dun anxo da guerra; vexoo nun concurso de tiro xunto cuns anarquistas que izan a súa bandeira vermella e negra nos outeiros espidos preto de Guadalajara, e que están dispostos a morrer unha morte nobel e insensibel; vexoo baixo o sol encarnado e quente nun camposanto preto de Bilbo, escoitando os adoutrinamentos nos que, coma na creazón, a vida e a morrte, o ceo e a terra, a ceibidume e a tiranía son fixas coma as fronteiras; vexoo descargando un cargador de balas no aire, contra os avións, impotente, movido inmediatamente despois polo lume, a terra e a acedume, vexoo arrumiñando o corpo inerte dun estudiante, Armand Jofroy, que morreu no seu colo nalgures preto de Santander; vexoo coa testa envolta en vendaxes, deitado nun hospital improvisado preto de Xixón, a escoitar os berros dos feridos, un deles chamando por deus en irlandés; vexoo a falar cunha enfermeira moza, que o arrourra coma un cativo, nunha lingua que lle é descoñecida, para que durma e que despois del, medio durmido e cheo de morfina, métese na cama cun polaco ao que lle amputaron unha perna, e logo, ao pouco, escoita os seus saloucos amorosos; vexoo nalgures en Cataluña, no posto improvisado do batallón, sentado diante do telégrafo, repetindo chamadas de axuda desacougadas mentres unha radio no camposanto próximo tocan as canzóns ledas e suicidas dos anarquistas; vexoo padecendo conxuntivite e diarrea; e vexoo espido ata o van, a se afeitar ao carón dun pozo con auga envelenada.

orixinal de Danilo Kis. Traduzón propia. Todos os dereitos reservados.

vasárnap, március 28, 2004

probas co novas etiquetas


imos ver como vai isto

mandame un correo

se é que vai

csütörtök, március 18, 2004

... e en Cósovo volve a prender


coma adianto da viaxe a Beogrado, eis a miña opinión sobre a situación en Kosovo-Metohija -- Kosova.

De quen e Cósovo?
Dende o meu punto de vista, Cósovo é parte fundamental de Serbia, e se é que houber que escoller entre Serbia ou un Cósovo independente (que se así for, seríao durante pouco tempo ata ser anexionado a Albania) a escolla lóxica é a de Serbia.

Cósovo foi sempre unha rexión multiétnica --ou polo menos ata os anos 90-- onde a maioría --dende 1955-- é albanesa, seguida de serbios, xitanos, croatas, macedonios musulmáns e turcos. Sempre foi unha rexión multiétnica, onde alo polo século VII comezou a florecer a cultura relixiosa serbia. Nunca houbo problemas étnicos entre veciños, agás ata o século XIX cando unha reinterpretación étnico-romanticista de certos cantares épicos medievais --o mito de Kosovo Polje-- reidentifican invasor turco (musulmán) con albanés.
Cósovo representa sempre un papel fundamental no ideario nacional serbio. Ali foi onde se perdeu Serbia na victoria, ou mellor dito, na derrota perante os turcos, gañouse Serbia.
Os problemas actuais do Cósovo teñen unha raíz que nos é moito máis preta. Foi Tito o que pretendendo atraer Albania ao seu estado multiétnico, plantexou unha serie de estraxías económicas. Permitíu a emigración de albaneses de Albania para así non só limitar a acción do nacionalismo serbio --que como se víu foi o iniciador da separición da Iugoeslavia Federal-- senón para atraer a unha maior poboación albanesa que fomentase a anexión de Albania.
En 1973 concedía a Cósovo -xunto coa Voivódina-- o estatuto de provincia autónoma, o que limitaba a acción política serbia, xa que as decisións da republica de Serbia precisaban da aprobación cosovar, xa maioritariamente albanesa.
Foi o ciminal Slobodan Milóxevich o que comezou unha política sistemática --dende 1989-- de neutralización da autonomía e da minoría (serbia) de albaneses. Iso desencadeou recelos en Eslovenia, que comezou o seu proceso cara a independencia.
O estatuto de protectorado actual é un erro histórico. Non houbo protectorado en Europa (Danzing - Gdansk ou Rijeka - Fiume) que non rematase en novo conflicto bélico, como estamos a ver en Cósovo na actualidade.
O futuro de Serbia pasa por restablecer un novo estado multiétnico (na Voivódina e en Cósovo).
A aceptación da minoría albanesa que o dereito de autodeterminación non é aplicable a emigrantes económicos (de se independizar Euskal Herria, pola mesa regra ca Cósovo, Araba podería aprobar a súa secesión) e sobre todo, que un dereito de autodeterminación para Cósovo --de maioría albanesa dende 1945-- debería ter un espello na Voivódina --de maioría serbia dende 1945--
É certo que se ven escenas de violencia en Serbia contra intereses musulmáns.... pero non esquezamos que o UÇK é responsable tamén do esterminio dos xitanos do Cósovo e da destabilización da Macedonia.
Un Cósovo independente desataría unha nova escalada de violencia étnica nos Balcáns... pasaríamos da Grande Serbia á Grande Albania....
o Cósovo non é unha nación sen estado.

szerda, március 17, 2004

E agora a Beogrado! И сад у Београд!


se Praga non foi abondo --que non o foi, dúas veces foron abondo e non creo que volva por aló-- agora imos a Beogrado. Cando estiven aló por primeira vez no verán de 2001, Beogrado era aínda unha cidade perdida na resca da violencia dos noventa. Esa resaca rematou hai un ano co asasinato do premier serbio Zoran Ðinđić.... e coido que as cousas agora xa anda mellor.
O mellor desta visita será a axuda da fermosa cicerone local Silvija Gajin coa que coido que a visita vai ser moito máis levadeira.
dende aqui aproveitamos a ocasión para lle mandar unha forte aperta e un bico a Silvija.
Силвија, пуно поздрави и надамо се да видимосе брзо у Београду.
A nosa sección habitual de cultura ten dúas ligazóns fundamentais hoxe:
  • Vocabulario serbio para galegos

  • Os exitos da música iugoeslava, antes e despois dos 90 (Moi aconsellable descargarvos Djurdjedvan je de Bjelo Dugme (top 10000 ex-Yu mp3>'B' ao final da páxina>Bijelo Dugme - Djurdjevdan je, a ja nisam s onom koju volim>clicq no título co botón esquerdo e gardar)

  • Ево један линк до мали српски-галицински речник
    Cрпски-галицински речник

  • Información sobre a situación lingüística en Serbia e Montenegro -- Информациа од језици у СиЗГ
    Linguas en Serbia e Montenegro - Jезици у СиЗГ

  • Información sobre os rutenos (rusinos) (esquecéronnos en Ethnologhe.com) -Информациа од руске (заборабили су у Ethnologhe.com)
    Rutenos na Voivódina - Руске у Војводине
  • o día de San Patricio, comprobe os seu níveis....
    eis unha ligazón máis ca práctica neste día para comprobarmos os nosos níveis de tolerancia....
  • Medidor de tolerancia alcohólica

  • kedd, március 16, 2004

    SRETAN TI ROĐENDAN, TAMARE!
    26 godine su tako puno... ali mi znamo da ti si još lijepa, kao uvijek

    péntek, március 12, 2004

    AS VITIMAS SON TODAS VITIMAS


    Dende aqui quero pregralle ás institucións pertintes que:
    1-as asxudas ás vitimas sexan inmediatas, e non só se limten a certos aspectos, senon que se amplien, cubrindo necesidades básicas para os fillo e fillas das vitimas, como un seguro escolar permanente, residan onde residan. A educación é a única ferramenta para evitar a ignoracia e o odio
    2-Que non sexa extraditado ningunha persoa que en situación de ilegalidade, vaia a procurar novas de familiares ou amigos vitimas da masacre. Máis aínda, concesión ipso facto da nacionalidade ás vitimas (mortais ou non) que non a posúan e aos seus familiares
    3-A non politiazción da traxedia. Un lema simple, "Terrorismo Non" que poida nos aunar a todos, creamos o que creamos
    4-A non sectarización relixiosa da traxedia. De se celebrar unha ofrenda relixiosa pública, que sexa esta ecuménica, dando cabida a todas as relixións das vitimas, moi especialmente que se conte co presenza de líderes cristiáns, xudeos e, principalmente, musulmáns.
    EUROPA DUBIDA....

    estou desconcertado... nun primeiro momento, a dor… mais arestora vai crecendo o noxo. Como raios un ser humano pode facer política coa dor dos demais?
    Estou a escoitar todo o día as novas en Hungría... escoito as canles húngaras, austríacas e alemanas.... e hoxe, o día da resaca do sangue, comezan a dubidar das intencións deste monicreque de bigote que está na presidencia por 72 horas máis.
    Onte Jack Straw, ministro de negocios extranxeiros do Reino Unido, indicaba que era Al Qaeda a que estraba trala matanza de Madrid. Mais o odio dalgúns procuran a culpa antes de tempo. ETA acaba de obter, se se demostra que non foron os culpabeis, o maior pulo mediatico ás súas teses. Ese paranoico e feixista "Los matan por ser españoles" pode ser transformado nalgunhas partes de Europa nun "los acusan por ser vascos". Que pasará se se descobre, ou mesmo se oficialmente se confirma o luns que foi Al Qaeda? Algo moi simple, as vitimas de Madrid, as 198 persoas, foron disfrazadas de mártires do interese político. Maquillaxe de mortos... coma a de Couso....
    Que magoa ter que vivir para ver isto.
    Lisque Aznar, leve toda a súa porcallada consigo... deixe XA aos mortos en paz.

    This page is powered by Blogger. Isn't yours?